(gal)
AMELIA PALACIOS (Pontevedra, España, 1986)
Amelia Palacios reflicte a través da súa obra a procura polo equilibrio poético das atmosferas galegas. Nacida en Pontevedra, non sabe dicir cando comezou a pintar. Desde que lembra convive con teas, pinceis e pinturas. Aos 17 anos, a súa mudanza a Madrid, para estudar arquitectura, afastouna do mar e das brétemas, creando nela a necesidade de regresar ao ambiente acuoso das rías galegas a través da pintura.
Creadora inqueda, explorou distintos campos artísticos, movéndose entre a ilustración, o deseño, vídeo-arte, arte e natureza, libros de artista entre outros.
Expón a súa obra con regularidade desde o ano 2005, mostrando as súas creacións en numerosas exposicións individuais e colectivas. Os seus traballos forman parte de coleccións privadas e institucións.
A obra de Amelia rezuma beleza e verdade, o misterio e o descubrimento dunha maneira única de conformar o seu soño e a súa realidade a través do que chamamos arte; arte máis intuído que instituído, neste caso.
Amelia é unha artista de vocación, unha muller emotiva que respira a inspiración do interno e rezuma paixón polo belo e o que lle emociona. A súa maneira de expresarse con esa linguaxe de pouco color e moito tacto é simplemente máxica, un privilexio que nos descifra ao mesmo tempo o seu xenio, a súa bondade e a súa tenrura.
A súa obra suxíreme autenticidade, beleza pura; unha obra que fala soa -ou a soas- co silencio, que doe e que cura, que se cose e descose ao mesmo tempo. Bolboreta de luz, en fin, que xorde da crisálida máis interna do seu propio ser. Un ser que intenta coñecerse e asirse ao inasible para voar dun horizonte a outro horizonte, dunha forma a outra forma, da perenne fugacidade á inmobilidade -aparente- do cadro.
Comentario de Pedro Burgos Montero.
(esp)
AMELIA PALACIOS (Pontevedra, España, 1986)
Amelia Palacios refleja a través de su obra la búsqueda por el equilibrio poético de las atmósferas gallegas. Nacida en Pontevedra, no sabe decir cuándo empezó a pintar. Desde que recuerda convive con telas, pinceles y pinturas. A los 17 años, su traslado a Madrid, para estudiar arquitectura, la alejó del mar y de las brumas, creando en ella la necesidad de regresar al ambiente acuoso de las rías gallegas a través de la pintura.
Creadora inquieta, ha explorado distintos campos artísticos, moviéndose entre la ilustración, el diseño, video-arte, arte y naturaleza, libros de artista entre otros.
Expone su obra con regularidad desde el año 2005, mostrando sus creaciones en numerosas exposiciones individuales y colectivas. Sus trabajos forman parte de colecciones privadas e instituciones.
La obra de Amelia rezuma belleza y verdad, el misterio y el descubrimiento de una manera única de conformar su sueño y su realidad a través de lo que llamamos arte; arte más intuido que instituido, en este caso.
Amelia es una artista de vocación, una mujer emotiva que respira la inspiración de lo interno y rezuma pasión por lo bello y lo que le emociona. Su manera de expresarse con ese lenguaje de poco color y mucho tacto es sencillamente mágica, un privilegio que nos descifra a la vez su genio, su bondad y su ternura.
Su obra me sugiere autenticidad, belleza pura; una obra que habla sola -o a solas- con el silencio, que duele y que cura, que se cose y descose al mismo tiempo. Mariposa de luz, en fin, que surge de la crisálida más interna de su propio ser. Un ser que intenta conocerse y asirse a lo inasible para volar de un horizonte a otro horizonte, de una forma a otra forma, de la perenne fugacidad a la inmovilidad -aparente- del cuadro.
Comentario de Pedro Burgos Montero.
HORIZONTES "I y III" 2022.
20 X 60cm.
Acrílico sobre lienzo.
MAREAS (2022)
100 X 140cm
Acrílico sobre lienzo.